Rumpelstikin info@urdime.net 619 92 03 35
__Inicio____A obra____Galeria____Video____Documentacion

 

Despois de colaborar hai uns anos na produción do espectáculo "Nadarín", as compañías Kalina Teatro e Trompicallo voltamos a xuntarnos nos para afrontar a coprodución de "Rumpelstikin, o anano saltarín", un clásico europeo de tradición oral.


Achegarse a unha obra do folclore debe facerse sempre co respecto e a consideración que merece. Nelas están tecidas as ideas, consellos e mensaxes que ao longo dos séculos resistiron o desgaste, o esgotamento ou a aniquilación á que o paso do tempo nos empurra de forma inexorable.


No conto de "Rumpelstikin, o anano saltarín" atopamos unha alerta conceptual, que nos ilustra acerca do que acontece, cando deixamos o noso destino en mans doutros: perdemos o control da nosa propia vida. Isto lévanos a situacións que non desexamos e das que, ás veces, non podemos ou é moi difícil saír, arriscando tamén a vida dos nosos seres máis queridos.


O conto desenvólvese nun momento no que a pobreza apodérase do pobo, mentres que os poderosos viven alleos ao sufrimento das xentes, preocupándose unicamente de aumentar a súa riqueza, unha situación que, desgraciadamente, se repite moi a miúdo.


Estes, entre outros argumentos, son os que nos levaron á produción deste espectáculo, co que pretendemos que os nenos comprendan, non como unha lección, senón como un descubrimento, que a nosa vida é algo que temos que dirixir nós mesmos e non permitir que outros nos obriguen a tomar camiños que non desexamos.

 
   
Kalina Teatro & Trompicallo